Saturday 21 de September de 2024

Rouban 2 árbores do Parque Natural do Bosque de Xaz


A pasada fin de semana roubaron 2 picotas do Parque Natural Bosque de Xaz, recentemente plantadas na zona máis próxima á estrada Dorneda-Oleiros. O Concello de Oleiros solicita colaboración cidadá por se fose posible detectar a persoa responsable.

O Parque Natural Bosque de Xaz é unha grande área verde pública situada en Dorneda, que ocupa unha extensión de 180.000 metros cadrados, entre a estrada Dorneda-Oleiros e a vía Ártabra.

Para facilitar o uso e gozo por parte de toda a cidadanía, creáronse diversas sendas interiores e instalouse mobiliario urbano. Previamente, realizouse unha importante limpeza de maleza e procedeuse á eliminación de eucaliptos para favorecer a masa forestal autóctona. Tamén foron plantadas numerosas árbores, como as 2 picotas roubadas.